Do niño do Carme á incubadora do Veral

Dous dos tres pitos de falcón peregrino nacidos no niño localizado en abril no Carme reciben coidados no centro de recuperación de fauna da Xunta tras ter problemas para empezar a voar en liberdade na natureza 
Una de las crías de halcón peregrino en el centro de recuperación de fauna de O Veral. APRAFOGA
photo_camera Una de las crías de halcón peregrino en el centro de recuperación de fauna de O Veral. APRAFOGA

O centro de recuperación de fauna do Veral coida dous exemplares de falcón peregrino nacidos no niño descuberto a mediados de abril na Ronda do Carme.

O niño contaba con catro ovos e naceron tres pitos, pero dous tiveron problemas para empezar a voar en liberdade e foron recollidos para poder axudar ao seu desenvolvemento ata que estean en condicións de volver á natureza. O outro seguiu a súa crianza en liberdade.

Os que están a ser coidados nas instalacións da Xunta no Veral van superando os problemas que sufrían e que impedían o seu crianza libre na natureza.

O niño localizouse a mediados de abril e foi protexido para evitar alteracións ou prexuízos ao proceso natural de cría da especie, incluída nun réxime de preservación.

O niño contaba con catro ovos e foi localizado na zona de Ronda do Carme, no centro urbano da cidade, exposto ao paso de veciños e curiosos, polo que os axentes ambientais adoptaron medidas para protexelo e impedir o acceso de persoas.

A intervención pretendía garantir o proceso de cría sen que nada alterase a tranquilidade, nin dos ovos nin do exemplar que afai aniñar todos os anos nesa mesma zona da cidade, sinalou entón a Xunta.

O falcón peregrino está catalogado como especie silvestre en réxime de protección especial, unha lista que inclúe todas aquelas poboacións de fauna que requiren unha atención especial, así como as que inscritas en directivas europeas e convenios internacionais ratificados por España.

A presenza da especie está a xerar gran expectación en Lugo. A moitos lucenses chámalles a atención en especial a presenza de polo menos un falcón na catedral. Dado que é un depredador de pombas, a súa presenza contribúe a controlar a poboación de pombas, neste momento bastante descontrolada na cidade, o que supón un problema para, entre outras cousas, a preservación do patrimonio. 

Comentarios