Lugo comeza a celebración do San Froilán da nova normalidade

A asistencia aos seis concertos simultáneos foi desigual
Pelúdez y Filomena. XESÚS PONTE
photo_camera Concerto de Broken Peach na Horta do Seminario. XESÚS Ponche

O San Froilán da pandemia xa está aquí. As patronais lucenses da covid-19 puxéronse en marcha nun domingo de distancias de seguridade, xeles hidroalcohólicos e afastado do bullicioso inicio doutros anos. A nova normalidade está aquí para quedar. 

O pregón de Tonina Gay a coñecida exlocutora da cadea Ser, abriu o programa de festexos, nun discurso no que debullou unha miscelánea de recordos do que era Lugo fai 61 anos, cando chegou coa súa familia procedente de Barcelona, describindo a súa evolución ata a actualidade.

Tras o pregón, os Pelúdez entraron no salón de plenos repartindo máscaras no medio de aplausos e sorrisos dos asistentes. Fóra, varios cabezudos bailaban ao son da música de Boyanka Kostova entre tromba e tromba de auga.

A alcaldesa, Lara Méndez recordou a Tonina Gai como "unha das voces que máis nos acompañou a varias xeracións". Gai recibiu do Concello, como obsequio, unha radio antiga de válvulas en caixa de madeira dos anos 40-50.

A xornada estivo marcada, polo demais, pola presenza de charangas nas rúas e pola celebración dos primeiros concertos nos seis escenarios repartidos por toda a cidade. A asistencia ás actuacións foi desigual, aínda que hai concertos destes días que esgotaron as entradas.

O que si se comprobou foi o cumprimento dos protocolos de seguridade: co público sentado gardando as distancias esixidas ou toma de temperatura á entrada ás sesións e a prohibición de entrar unha vez iniciada a actuación.

Comentarios