A muralla vestirase de vaca para celebrar o Día do Leite

O Concello e a Casa Grande de Xanceda organizan o acto, que terá lugar este martes 31 de maio a partir das dez e media da noite
La muralla. AEP
photo_camera La muralla. AEP

A Muralla de Lugo contará cunha pel de vaca o martes 31 de maio. O Concello e a Casa Grande de Xanceda pon en marcha a iniciativa para conmemorar o Día do Leite, que se celebra o 1 de xuño. 

"A eleción da localización débese a motivos evidentes. Lugo é a provincia galega con maior número de vacas, 263.021, ¡case a metade de toda Galicia!", explican desde Casa Grande de Xanceda. 

A proxección das manchas de vaca sobre a muralla comezará ao redor das 22.30 horas, coincidindo co anoitecer. 

Estarán presentes no acto o teniende de alcalde, Rubén Arroxo; a edil de Cultura, Maite Ferreiro; a directora de Casa Grande de Xanceda, Cristina Fernández-Armesto; o xerente da granxa ecolóxica, Guillermo Martínez; e Sara Torreiro, a responsable de mercadotecnia da firma.