Multitudinario arranque do Caudal Fest

Centos de persoas congregáronse na chaira do Pazo de Feiras para vivir a primeira xornada do festival

A primeira das dúas xornadas do Caudal Fest arrincou este venres e congregou por centos de persoas ao redor dos concertos de Igloo, Andrés Suárez, Viva Suecia (os máis aclamados), Rulo e a Contrabanda e Joe Crepúsculo, o encargado de pechar o primeiro día, gratuíto, da primeiro edición dun festival que chegou a Lugo para quedar.

A chaira do Pazo de Feiras foise enchendo de xente a partir das 18.30 horas. A zona de acampada, preparada para os visitantes de fóra da cidade, rexistrou interminables colas nos momentos previos ao arranque dos concertos. O alto nivel do cartel previsto para esta primeira edición serviu de reclamo para moitos visitantes vindos de fóra de Lugo. Non só chegaron das tres provincias galegas, se non que tamén se desprazaron desde lugares de fóra de Galicia como Asturias ou Castela e León. 

É o caso de Estefanía Suárez, de Llanes, que esperou unha longa cola para entrar na zona da acampada. "Para ser a primeira edición dun festival deste tamaño creo que a organización é moi boa. Hai moita atención e ao ser o primeiro día de momento non vivimos as típicas aglomeracións deste tipo de eventos, a pesar de ser gratuíto", apuntou a asturiana. 

Ao estilo doutros festivais multitudinarios como o que se celebrou este verán en Santiago, (Ou Son do Camiño), a organización instalou varios postos de comida e food trucks para que ninguén quede con fame. Entre eles, os festivaleros poden elixir entre produtos da terra como empanada galega, pero tamén crepes, hamburguesas e pizzas, noodles, gofres e bocadillos de todo tipo. Ademais instaláronse dúas barras con todo tipo de bebidas que só se poden adquirir con 'tuents', unhas chapas que se intercambian por diñeiro e que, segundo os que acudiron ao evento, "eleva o prezo das consumicións até facelas prohibitivas". Sen ir máis lonxe, un litro de cervexa custa 3,5 'tuents', o que ao cambio resulta sete euros. 

CONCERTOS. A xornada musical arrincou co grupo de indie-rock Igloo, cuxas versións de cancións españolas coñecidas por todos fixeron vibrar a un foso que se foi enchendo a medida que avanzaba o 'setlist'. 

Tras Igloo chegou un dos pratos fortes da tarde, Andrés Suárez. Os seus primeiros acordes acústicos provocaron as carreiras dos que chegaron un pouco máis tarde ao festival e perdéronse a primeira actuación. O cantautor galego si abarrotou o foso coa súa música intimista. 

Rulo y La Contrabanda foi o penúltimo grupo da noite. Un cambio de estilo que agradeceron moitos asistentes que só viñeron para ver á banda de Raúl Gutiérrez, ex da Fuga. A primeira xornada pechouna Joe Crepúsculo, xa de madrugada, coa súa mestura de sons electrónicos e rockeiros. Acabou tarde, si, pero a ninguén lle importou.

Segunda xornada 
Nove concertos en oito horas 


A segunda xornada, de pago, arrincará a partir das 15.30 horas coa música de Berta Franklin. David Prado daralle a testemuña e tras el chegarán Depedro e Triángulo de Amor Bizarro. Iván Ferreiro ofrecerá o seu concerto a partir das 20.30 horas, xusto antes da Mala Rodríguez (22.15), Vetusta Morla (23.45) e Novedades Carminha (1.45). A noite pecharaa a galega Eme DJ, un clásico dos festivais que se celebran en Galicia, coas súas mesturas de hits internacionais.

Comentarios