Multan a un pub con 1.000 euros por non rexistrar aos clientes e non acatar o horario

O suceso produciuse na noite do venres ao sábado nun establecemento da zona de Augas Férreas
Imagen de un local de ocio nocturno. EP
photo_camera Imagen de un local de ocio nocturno. EP

No transcurso das súas actuacións para velar polo cumprimento da normativa e das restricións derivadas do covid, a Policía Local inspeccionou un establecemento de hostalería da rúa Antonio Rosón, na zona de Augas Férreas, e sancionou ao seu responsable por superar o horario de peche e por non ter rexistro de clientes.

Os feitos tiveron lugar na noite do venres ao sábado, sobre as cinco e media da madrugada, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno realizou unha inspección no local e detectou varias infraccións á Lei de Saúde de Galicia.

Por unha banda, o establecemento atopábase aberto ao público "excedendo o horario establecido para ese día, que era ata as 4.30 horas, con clientes no interior e servindo bebidas".

Ademais, non realizara o rexistro de clientes "establecido no plan de lecer nocturno". Cada infracción leva 500 euros de multa.

Comentarios