Multados con 270 euros dous empregados do Buda do Moroso por coaccións

Os homes amenazaran unha muller dicindolle que sabían onde traballaba e ónde vivían os seus pais
Sede de la Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Sede de la Audiencia Provincial de Lugo. AEP

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou a condena de 270 euros de multa imposta polo xulgado de Instrución a dous empregados da empresa O Buda do Moroso, acusados de coaccionar a unha muller. A sentenza recolle que o 29 de setembro de 2020, os dous acusados, "en exercicio das súas funcións profesionais", acudiron ao domicilio dunha muller e, tras chamar ao telefonillo da súa vivenda, pedíronlle que baixase e reuníronse con ela na vía pública. Unha vez na rúa, os dous homes reclamáronlle unha presunta débeda e un deles díxolle gritando: "Lercho, morosa de merda, paga o que debes que se onde traballas e onde viven os teus pais".

Ese mesmo día, os dous acusados acudiron ao domicilio dos pais da moza e un deles díxolle ao proxenitor que ía reclamar unha débeda da súa filla. Ademais, chamaron a varios compañeiros de traballo da muller e á súa cuñada, á que lle dixeron que ían cobrar a débeda, "polas boas ou polas malas, e que para cobrala acudirían con moita máis xente". O xuíz acusou aos dous homes dun delito leve de coaccións e impúxolles sendas multas de 270 euros. Os acusados recorreron o fallo, pero a Audiencia confirmou a condena.