viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Multado con mil euros e a retirada de seis puntos un condutor que deu positivo en cannabis

Control da Policía Local de Lugo. SEBAS SENANDE
Control da Policía Local de Lugo. SEBAS SENANDE
A Policía Local descobre unha persoa que perdera o permiso de conducir ao volante dun coche sen seguro nin ITV

A Policía Local de Lugo denunciou un condutor que deu positivo por cannabis no test de drogas ao que foi sometido cando circulaba pola Rolda Norte. Por iso, foi sancionado cunha multa de mil euros e a retirada de seis puntos do carné

Segundo informou a Policía Local, no marco do dispositivo de control da seguridade viaria, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio pararon o condutor na tarde do martes e, ao ser sometido ás probas de detección de drogas, deu positivo en THC, principio activo do cannabis. 

No marco deses filtros de seguridade viaria localizáronse outras dúas persoas que conducían un vehículo para o cal non formalizaran o seguro obrigatorio, motivo polo foron denunciadas, ademais de procederse á retirada dos automóbiles para o depósito municipal ata que acrediten contar con póliza. 

Un destes vehículos tampouco fora sometido á inspección técnica periódica "no prazo debido", segundo puntualizan as mesmas fontes, e o seu condutor perdera a vixencia do seu permiso de conducir, "o cal aumenta o perigo da súa circulación polas vías públicas". 

Multado con mil euros e a retirada de seis puntos un condutor que...