Multada con 180 euros por pegar ao seu irmán, que gravou toda a agresión cun móbil

O xulgado obriga á condenada a indemnizar á vítima con 120 euros polas lesións que lle provocou
Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Unha muller foi condenada a pagar 180 euros de multa por pegar ao seu irmán, que gravou a agresión co seu teléfono móbil. Segundo quedou recollido na sentenza, o 17 de xullo de 2018, sobre as tres da tarde, na acusada atacou o seu irmán, "rompéndolle a camiseta e orixinándolle unha erosión en zona cervical e clavicular dereita", polo que tivo que recibir asistencia médica.

O xulgado instrutor impuxo á acusada unha pena de multa de 180 euros e obrigouna a indemnizar á vítima en 120 euros polas lesións que lle provocou.

A muller recorreu a sentenza ante a Audiencia Provincial de Lugo, pero a sala confirmouna ao considerar crible a versión do denunciante e da súa muller, que estaba presente. "Ademais", engade, "o contido da gravación visionada no acto de xuízo estaba de acordo co manifestado polo home e a súa esposa". Deste xeito, o tribunal confirma a pena de multa e a indemnización imposta polo xulgado instrutor, polo que a sentenza xa é firme.

Comentarios