Multa de 300 euros a un artista urbano por un grafiti no que criticaba ao Concello

A sanción foille imposta por unha pintada con spray negro na ponte da Avenida dos Deportes, na N-VI
Leando Barea. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Leando Barea. XESÚS PONTE (AEP)

O artista urbano Leandro Barea por redes sociais que recibiu unha multa de 300 euros do Concello por un dos seus grafitis. Concretamente, a sanción foille imposta por un no que critica á administración local e a súa política con respecto ao arte urbano. Na pintada lese "Si esto fuera arte urbano lo habría pagado el Ayuntamiento".

Segundo explica Barea, que achega imaxes do grafiti e do acordo da sanción, impútanselle os feitos de realizar unha pintada con spray negro no ponte da Avenida dos Deportes, na N-VI. Así mesmo acompaña a súa queixa cunha foto na que se ve á alcaldesa, Lara Méndez, pintando con spray un muro do que parece un parque infantil e quéixase da "inxustiza" de que uns poidan facelo e outros non.

Barea foi un dos artistas que participaron no festival de arte urbano Culturbán, promovido pola concellaría de Cultura do Concello, motivo polo que pintou nun muro exterior do colexio Fingoi un muro de 24 metros de lonxitude con sete viñetas que representan sete etapas da historia da humanidade.

Barea é, ademais, autor de varias pintadas que rezan "Máis fútvol por fabor" e que se puideron ver en distintos puntos da cidade. É, ademais, o título dun libro coas súas viñetas que tivo moi boa acollida.

Para facer fronte ao pago da multa e seguir promocionando a súa obra, o artista, que conta cunha tenda na súa páxina web, fixo unha promoción de camisetas ilustradas co seu característico estilo.

Comentarios