Unha muller de 34 anos é arrestada por ameazar e golpear no peito á súa nai

O padrasto contou ademais que a moza tiña ese tipo de condutas "a diario"

Unha veciña de Lugo, de 34 anos, foi arrestada o sábado como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar por golpear á súa proxenitora.

Os feitos sucederon ao redor das oito menos cuarto da tarde, cando a Sala do 092 recibiu unha chamada porque unha muller estaba a ser maltratada supostamente pola súa filla nunha vivenda da Avenida da Coruña. Varias patrullas da Policía Local trasladáronse de inmediato ao inmoble.

Unha vez alí, o padrasto da suposta agresora explicou aos axentes que a moza levaba todo o día ameazando con agredirlles, tanto a el como á súa nai, e que finalmente cumpriu as súas ameazas e propinoulle un golpe no peito á súa proxenitora. O home contou ademais que a moza tiña ese tipo de condutas "a diario", polo que finalmente foi detida.