Unha moza de 21 anos con covid-19 ingresa no Hula cunha pneumonía bilateral

É unha dos nove pacientes hospitalizados con coronavirus na provincia
Área de Urgencias del Hula. SEBAS SENANDE
photo_camera Área de Urxencias do Hula. SEBAS SENANDE

Unha moza de 21 anos, contaxiada con coronavirus, ingresou no Hula cunha pneumonía bilateral. Trátase dun dos nove pacientes con covid−19 ingresados no Lucus Augusti, onde a idade media dos positivos hospitalizados é de 52 anos.

A presión hospitalaria atópase estabilizada na área de Lugo. A provincia segue sen pacientes na Uci, mentres que os ingresos en planta convencional son 15, un máis que o martes, segundo os últimos datos facilitados este mércores pola Consellería de Sanidade. Deles, once están no Hula, tres na Mariña e un en Monforte. 

En total, a área sanitaria rolda os 1.250 casos activos (1.241), cun incremento de 102 con respecto á xornada anterior. O ritmo de contaxio, ademais, non logrou frearse, con 128 novos casos detectados por PCR nas últimas 24 horas, polos 117 que se rexistraron na xornada anterior. 

Comentarios