miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Un motorista accidentado en Lugo dá positivo en alcol, cocaína e cannabis

Control de la Policía Local de Lugo en la Ronda da Muralla. EP
Control da Policía Local de Lugo na ronda da Muralla. EP
A Policía Local interceptou este mércores a outros dous condutores con alcoholemia positiva e desmantelou unha festa nun piso

Un motorista que sufriu un accidente de circulación en Lugo o pasado 17 de xullo foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria tras terse demostrado que consumira alcol e drogas, concretamente, cocaína e cannabis.

O accidente rexistrouse na confluencia da rúa Vilalba e a praza de Xaquín Lorenzo 'Xocas'. O condutor do ciclomotor perdeu o equilibrio e caeu ao chan. Un equipo de atestados da Policía Local acudiu ao lugar e, ao ver que o motorista estaba ferido, solicitou asistencia dunha ambulancia para o seu traslado ao Hula.

Os axentes detectaron que o home presentaba signos de embriaguez, polo que solicitaron mandamento xudicial para realizar as análises de sangue pertinentes. O resultado das mesmas desvelou unha taxa de alcol en sangue de 1,32 e presenza de cocaína e cannabis.

Por este motivo, a Policía Local puxo o caso en coñecemento do xulgado de garda para que instrúa dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

DOUS POSITIVOS MÁS. Na madrugada deste mércores, efectivos do operativo nocturno da Policía Local estableceron varios controis en vías urbanas e detectaron dous condutores con taxas positivas nas probas de alcoholemia realizadas.

O primeiro foi detectado ás 1.40 horas na ronda da Muralla, cun resultado de 0,60. Abríuselle expediente sancionador, con multa de 1.000 euros e retirada de seis puntos do permiso de conducir.

O segundo foi interceptado ás 3.45 horas na avenida de Ramón Ferreiro, cunha taxa de alcoholemia de 0,41. Foi proposto para sanción de 500 euros e retirada de catro puntos.

RUíDOS. Tamén na madrugada do mércores, o grupo nocturno da Policía Local acudiu sobre as 2.45 horas a un inmoble da rúa Xosé Novo Freire porque os veciños queixábanse dos ruídos procedentes dunha vivenda.

Ao chegar, os axentes puideron comprobar que desde o exterior da vivenda e nas zonas comúns do edificio escoitábase música con volume elevado e voces de persoas en actitude festiva.

Os policías consideraron que o ruído era incompatible co descanso dos veciños, polo que identificaron ao responsable e formularon denuncia por infracción á ordenanza de protección ambiental.

Un motorista accidentado en Lugo dá positivo en alcol, cocaína e...
comentarios