Morre un home ao envorcar o tractor que manexaba en Lugo

O suceso produciuse preto da estrada que une a capital lucense e O Páramo
Las ruedas de un tractor. ARCHIVO.
photo_camera As rodas dun tractor. ARQUIVO.

Un home perdeu a vida na tarde deste martes nun accidente de tractor en Lugo. Segundo informa o centro de atención ás urxencias 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ao redor das 18.30 horas, cando o vehículo agrícola que manexaba a vítima envorcou nun terraplén, preto da estrada que une a capital lucense e O Páramo.

Foi un particular quen alertou do suceso e ata o lugar desprazáronse os servizos de urxencias, pero unha vez no punto só puideron certificar a morte do home. A persoa que deu aviso non soubo precisar como se produciu o fatal accidente, pero si que baixo o tractor apreciábase que se atopaba un home. 

Os xestores do 112 Galicia mobilizaron aos servizos sanitarios, aos bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico, axentes da Policía Nacional e Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil. Lamentablemente, non puideron facer nada por salvar a vida da vítima.

SEGUNDA VÍCTIMA DO DÍA. Tamén este martes produciuse outro falecemento nun accidente de tractor en Galicia. Un operario morreu tras ser alcanzado por unha máquina agrícola meintras traballaba na obra dunha gasolineira no Polígono Industrial de Tui. Ao fío das cinco da tarde, o obreiro foi atropelado por un chimpín.