Moda con vida propia

O mercado de roupa de segunda man é punto de encontro de perfís moi diversos, un movemento de xente que pasa da industria da moda e é tendencia en si mesmo.
G
photo_camera Laura Coroas e Jesús Cendán, en La Fruslería. VICTORIA RODRÍGUEZ

A moda é voluble, o que hoxe é tendencia mañá está anticuado. Cada vez son máis as persoas que baixan do carro e, desde un lugar onde se senten cómodos, ven pasar o último berro sen inmutarse. Comida rápida ou lentellas do día anterior, é cuestión de gustos.

O movemento de xente que pasa da última moda é tamén tendencia en si mesmo e reúne perfís moi diversos. O seu punto de encontro é o mercado de segunda man e vintage. Aquí danse a man tanto as xeracións máis novas como as xa entradas en anos, que procuran unha estética retro e un xeito de vestir singular.

As novas xeracións son as abandeiradas da conciencia ecolóxica. Medraron oíndo falar de reciclaxe e reutilización e non teñen reparo ningún en vestir prendas de segunda man, animados a partes iguais pola conciencia ecolóxica e pola limitación económica.

O seu centro comercial de referencia é internet, onde compran e venden coa soltura dos seus avós na feira.

Pero non son o único público obxectivo do mercado de segunda man. Comparten espazo con outra xeración, xa máis entrada en anos, que procura unha imaxe retro, un estilo vintage que só se consegue remexendo no faiado ou en tendas que atesouran prendas fabricadas no século pasado.

En calquera caso, é xente con estilo propio, personalidade singular e orgullo de camiñar á marxe do rego que marca a industria da moda.

Julia Roca ten unha guía de tendas vintage

Julia Roca
Julia Roca, usuaria habitual de roupa de segunda man.

Tomou contacto co mundo vintage cando aínda non estaba de moda e gustoulle tanto que nel quedou. "Hai dez anos empecei a informarme sobre o mercado de segunda man e vintage porque me parecía un xeito sostible de vestir e resultaba máis barato porque daquela non estaba tan de moda", conta Julia Roca.

Desde entón, deulle tempo a investigar moito e a percorrer tendas por distintos puntos de España, Francia, Portugal. Vai facendo "un álbum con información sobre as tendas" que visita. Na súa particular colección hai moitas tendas de segunda man, pero tamén establecementos antigos que venden roupa nova fabricada hai décadas. "Ás veces son tendas que van pechar e nin valoran o que teñen. Hai pezas de hai 30 anos que xa nin ensinan porque cren que non interesan".

Julia Roca aprendeu moito traballando nunha tenda vintage. A moda retro é unha tendencia que non vén marcada pola industria, hai que descubrila. "Fun aprendendo sobre cada década, como era o corte da roupa en cada momento", explica.

E deuse conta de que se sente cómoda na diferenza. "Vas a calquera tenda dunha cadea e colles a mesma chaqueta que leva toda a xente. A min gústame alonxarme desas tendencias. As grandes marcas tamén saben que hai mercado no vintage e ás veces buscan estampados ou cortes retro, pero os materiais non son os mesmos".

E esta é unha das cuestións que máis engancha aos usuarios de roupa vintage: "A miña nai compraba unha chaqueta ou unhas botas para que lle duraran 20 anos. A roupa facíase para durar, pero agora non. Tíñaselle apego ás prendas, coidábanse, botábaslle crema á chaqueta de pel porque lle tiñas cariño", apunta.

Julia Roca, no seu singular achegamento á moda, prefire comprar en tendas físicas ca en internet. "Gústame tocar, probar", pero advirte do risco de namorarse da roupa cando aprendes a valorala e a tes entre as mans. "Teño mercado cousas que non eran nin da miña talla, que sabía que non podería poñer, pero que me encantaban. Algunha tiven que vendela despois", di entre risas.

La Fruslería, a referencia en Lugo

Laura Coroas. VICTORIA RODRÍGUEZ
Laura Coroas, no mostrador de La Fruslería. VICTORIA RODRÍGUEZ

Unha das tendas de referencia de Julia Roca en Lugo é La Fruslería, que rexentan Laura Coroas e Jesús Cendán. É un lugar de peregrinación para os amantes da moda vintage ubicado na rúa Serra Gañidoira.

O problema en La Fruslería é dar asimilado o que alí hai porque os ollos non son quen de escoller onde pousarse. "Hay quien viene y ya sabe manejarse, otros que entran dubitativos ante el volumen de cosas que ven y otros que se ven superados y se van, pero esos siempre vuelven otro día, supongo que con más tiempo y a veces acompañados. Es muy común que la gente vuelva con amigos", comenta Laura Coroas, que ten perfectamente catalogados todos os seus clientes.

Tamén resume á perfección o que é inabarcable cos ollos. "Tengo artículos de segunda mano, pero también muchos nuevos, a estrenar, desde los años 60 hasta el 2000. Son restos de almacén o de tiendas que cierran. Hay ropa, calzado, complementos... son nuevos, con etiqueta, pero todo vintage y mayoritariamente fabricado en España".

No caso da segunda man, ten tamén moitas prendas americanas e europeas. "Es ropa que compro a distribuidores. Elegimos prenda por prenda, para garantizar unas condiciones óptimas", explica. Aclara que non compran a particulares. 
No caso dos restos de almacén, "o buscamos nosotros o nos encuentran ellos". Esta procura implica un gran traballo, pero Laura Coroas desfruta con el. "É moi divertido, non imaxinas o que podes atopar por aí", di entre risas.

Conta que a roupa vintage ten moita demanda en Lugo. "La gente se sorprende al verla. Hay prendas que ya han tenido, les encanta volverlas a encontrar. Además, los tejidos de antes eran de buena calidad y dan buen resultado. Jerséis que no sacan bola, camisetas que lavas y lavas y no se nota, vaqueros que no se gastan...", apunta. 

Como anécdota conta que é frecuente que "venga una madre con un hijo torciendo el morro y tras comprobar el resultado vuelva ella después a buscar ropa para el marido".

Explica que teñen tallas americanas, máis amplas que as europeas, "para quien está cansado de comprar ropa aburrida en tiendas de tallas grandes. Hay de todo en tamaños, para todas las edades y de todas las décadas hasta el 2000". Ese es el año que se entiende en La Fruslería como límite del vintage. "Para los jóvenes la ropa de Zara es vintage, pero yo todavía no lo considero así", bromea.

En cuanto a la segunda mano, explica que sus clientes no ven ningún problema en vestir ropa usada. "Los jóvenes no tienen ese prejuicio y los mayores que siguen este estilo tampoco. Cuando vas a un restaurante no te ponen una vajilla nueva", apunta.

Explica que hai moitos filtros ata que a prenda chega ao cliente. "Es ropa planchada, cuidada, muy seleccionada y en perfectas condiciones". Está clasificada por décadas. Canto máis antiga, máis difícil de conseguir resulta. "Los precios son populares, lo que la gente está acostumbrada a pagar por la ropa. Lo más caro reúne tres condiciones: de marca, antiguo y nuevo", comenta a vendedora.

Laura Coroas sabe que a súa tenda ten encanto, que poder tocar os produtos é unha garantía, pero afirma que resulta difícil competir coa venda de segunda man a través de internet. "Tras la pandemia, quien no sabía comprar por internet aprendió. Yo consigo mantener la tienda porque el bajo es mío, pero si tuviese que pagar un alquiler no podría. No puedes hacer competencia con quien vende desde su habitación a cualquier precio", comenta.

Aínda así, agradece a boa aceptación do seu proxecto por parte dos lucenses e séntese valorada porque "el porcentaje de gente que entra y compra es muy alto".

Na procura do orixinal 

Lois Pérez. VICTORIA RODRÍGUEZ
Lois Pérez, na presentación dun dos seus libros. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)

A fotógrafa Alba Díaz e o escritor Lois Pérez dan fe do encanto de La Fruslería. Levan visitado tendas vintage por todo o mundo e din que como a de Lugo, ningunha. Contan que lles gusta este estilo "por estética, pola orixinalidade das prendas e tamén pola sostibilidade", apunta Lois Pérez.

Esta parella busca tendas vintage sempre que viaxa. "No Reino Unido, por Europa, en Estados Unidos... En Nova York estivemos nun local de dúas plantas que tiña roupa ata dos anos 20", comenta Lois, pero Alba puntualiza que "o punto artístico de La Fruslería" non o supera ningunha.

Lois Pérez valora "o deseño dos espazos, a estética do local, a selección coidada das prendas". Gústalle tanto que ata utilizou a tenda para unha sesión de fotos que lle fixo Alba Díaz para promocionar un dos seus libros.

Pero aínda que inicialmente os produtos lles entren polos ollos, teñen comprobado tamén a súa calidade. "Son cortes que non se atopan, estampados que xa non hai... con esas prendas cobra vida unha parte da moda doutro tempo", comenta Lois.

Di que compra sobre todo americanas, cazadoras e camisas, "tanto para diario como para ocasións especiais".

Alba Díaz señala que no mercado retro ou de segunda man ten atopado "prendas atemporais, que non pasan de moda" e cita como exemplo "un abrigo de pelo sintético de leopardo que poño moito ou unha cazadora de coiro que me encanta". Apunta que non compra artigos de segunda man en internet. "Sempre en tendas, prefiro ver", aclara.

Segunda vida

Ánxela Pardo. AEP
Ánxela Pardo, con prendas vintage reformadas por ela. AEP

Ánxela Pardo é outra fiel compradora de roupa de segunda man. No seu caso, o motivo principal é o compromiso coa sostibilidade, que a leva a buscar unha segunda vida para todo o que cae nas súas mans. "Son artista multidisciplinar. Fago roupa reciclada de distinto tipo. Transformo, recorto... ata con telas picadas se poden facer cousas", explica.

Ela coñece todos os puntos de venda de artigos de segunda man que hai en Lugo. "En La Fruslería hai prendas moi boas, froito de moitos anos de busca. Son prendas únicas, difíciles de atopar, estrañas e diferentes. Pero tamén compro no mercado de Frigsa, na tenda da Igrexa Evanxelista ou intercambio artigos no banco de tempo de Lugo", apunta.

Desta ansia por dar unha segunda vida á roupa saen novas prendas, pero tamén xogos, libros, pintura, escultura, máscaras... Ánxela Pardo di: "Só merco bragas, calcetíns e zapatos". E nin sequera sempre porque ás veces tamén merca calzado de segunda man. "Unha vez atopei cinco pares de zapatos do meu número novos ao pé dun contedor. E noutra ocasión tiven que calzar dez modelos para un desfile e comprei un lote de zapatos por dez euros. Traballei neles contra o reloxo e en cinco días estaba a colección de zapatos lista", lembra.

Ánxela Pardo cre que se podería aproveitar moito mellor a roupa que queda no fondo do armario ou a que acaba no contedor do lixo. "Que custaría poñer un armario ao pé do contedor de residuos para que a xente deposite roupa para quen a queira?", pregunta con aire de proposta.

Vintage infantil

Lucía Dorado
Lucía Dorado, con prendas vintage infantís. GUILHERME DA SILVA

Lucía Dorado é a propietaria da tenda de roupa infantil Chica de Canela e está moi atenta ás suxestións dos clientes, de aí que teña incorporado unha liña de roupa vintage para nenos. "Quen compra vintage tamén busca esa estética para os seus fillos, así que pensei en ofrecer prendas dese estilo", explica.

En Chica de Canela só hai roupa antiga, non de segunda man. "Son prendas novas, con etiquetas, procedentes de restos de almacén", explica, e engade que é "roupa fabricada en España, entre os anos 50 e 80, que estivo aí durmindo ata agora e ten unha segunda oportunidade".

Apunta como exemplo as camisetas interiores de algodón, calcetíns coa calidade de antano... moitas prendas que os pais se sorprenden ao atopar para os seus fillos. "É roupa moi sostible porque xa está fabricada desde hai tempo, orixinal, diferente e dunha calidade que na fabricación actual é difícil de atopar".

Estética e ética van ligados neste xeito de vestir que vai máis aló dunha moda pasaxeira e gana adeptos cada día, a golpe de click a través de internet ou presos do encanto das tendas de toda a vida.

Comentarios