O Miño, desbordado ao seu paso por Lugo

As intensas choivas dos últimos días, con Galicia sumida nun tren de borrascas, provocou crecidas de ríos. Aínda que foi en A Chaira onde houbo máis desbordamentos no río Miño, ao seu paso por Lugo, tamén experimentaba este sábado pola mañá unha importante crecida do seu caudal, como se aprecia na fotografía que acompaña esta información.

A Dirección Xeral de Emerxencias activou o plan especial por risco de inundacións debido ao incremento de caudal de diversos ríos da comunidade

En concreto, segundo informou o 112 Galicia, a última hora do xoves detectouse nos ríos Ouro, Landro, Covo (Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (Coruña), Umia e Verdugo (Pontevedra). 

Así mesmo, este venres engadíase outra serie de ríos ao seguimento por crecidas, tras rexistrarse un aumento nos niveis no Landra, Parga e Arnoia. 

Os servizos de Urxencias advirten de que poderían producirse inundacións puntuais nos seus entornos, e recomendan extremar as precaucións, como retirar os vehículos do bordo do ríos ou abandonar as actividades en cursos fluviais.

Comentarios