A Milagrosa xa é sinónimo de premio

A asociación veciñal do barrio recupera a gala de Milagrosistas do Ano, na que se recoñecerá o labor de dezanove persoas de todos os ámbitos
Alvarellos, Porro y Fontenla. EP
photo_camera Alvarellos, Porro y Fontenla. EP

A Asociación de Vecinos, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa, presidida por Jesús Vázquez, celebra este venres a XXX edición dos Milagrosistas do Ano, unha cita que se recupera tras o parón sufrido o ano pasado por mor da pandemia de covid-19.

Neste acto, segundo a organización, recoñecerase "o labor profesional e social de diferentes persoas físicas e entidades" a favor do barrio.

Debido ás restricións pola pandemia, a entrega realizarase en el auditorio Gustavo Freire a partir das 20.00 horas. Seguidamente, celebrarase unha cea no restaurante Manuel Manuel, na rúa Monte Faro.

Este ano recollerán o seu premio 19 persoas de distintos ámbitos, desde políticos a empresarios, funcionarios ou axentes das forzas da orde.

milagrosa

Comentarios