O MIHL acolle este sábado o congreso '...E para comer, Lugo no Camiño'

Haberá unha charla sobre a cultura do viño na ruta xacobea que será impartida por Xoan Cannas
Xoán Cannas. ARCHIVO
photo_camera Xoán Cannas. ARQUIVO

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará este sábado, por segundo ano consecutivo, o congreso gastronómico e cultural E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica nas rutas xacobeas ao seu paso pola provincia de Lugo.

Esta iniciativa, que forma parte do programa O Teu Xacobeo, desenvolverase nas instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), na propia capital lucense.

O programa do congreso inclúe unha charla sobre a cultura do viño nos Camiños de Santiago que atravesan a provincia, que será impartida por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño; así como unha demostración do barista José Manuel PortelaCafé cremoso en harmonía cos Camiños–, responsable de formación de Cafés Candeas.

Ademais, contempla varias demostracións de cociña con produtos de proximidade a cargo de Javier Estévez, Estrela Michelín en 2019 polo seu labor en A Tasquería de Javi Estévez, en 2020 e en 2021.

Os organizadores recordan que as súas propostas culinarias suscitaron o interese de medios como The New York Times e de programas de televisión como Informe Semanal, Torres na cociña, MasterChef, Karlos Arguiñano na túa cociña, Andrew Zimmern ou a sección de George Foreman en Better late than never.

O programa tamén contempla unha charla co piloto Eduardo Iglesias baixo o título ...E para comer, Lugo no Dakar 2021. Ademais, os asistentes poderán ver a moto coa que disputou a proba deportiva este ano. En paralelo á celebración do Congreso realizarase (de 11:00 a 13:00 hora) un taller para nenos de entre 6 e 12 anos.

Comentarios