viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

Este mes comeza a incorporarse o persoal ao Bricomart das Gándaras

Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
Las obras avanzan en el parque empresarial de As Gándaras, SEBAS SENANDE
A multinacional francesa prevé abrir o establecemento da capital lucense en abril do próximo ano cuns 80 traballadores

Os prazos vanse cumprindo nas obras da tenda de materiais de construción e reforma que Bricomart está a construír no parque empresarial das Gándaras. Está previsto que xa se incorporen a mediados deste mes os primeiros traballadores para comezar a súa formación e para almacenar artigos.

A multinacional francesa, que conta cun establecemento en Galicia, sito en Santiago de Compostela, contará no da capital lucense cun persoal formado por uns 80 empregados.

Os postos que precisou, cuxa selección xa se realizou, son instaladores de biombos e baños, vendedores de carpintería e fontanería ou atención ao cliente, entre outros.

Bricomart, que comezaba as obras no parque empresarial das Gándaras o pasado verán, tras conceder en abril a licenza de construción o Concello de Lugo, prevé abrir esta tenda no mes de abril do ano que vén.

A tenda de Bricomart nas Gándaras será a segunda da multinacional francesa en Galicia, tras a de Santiago 

O novo establecemento, que se está construíndo nunha parcela de 33.990 metros cadrados, terá unha superficie de 7.800 e disporá dun aparcadoiro exterior con 317 prazas.

O Grupo Aedo, que é a matriz de Bricomart, como tamén o é doutras coñecidas firmas do sector como Leroy Merlin e Aki, ten previsto investir nestas obras máis de tres millóns de euros.

Bricomart conta con 27 almacéns en España, onde desembarcou en 2006, e case 40 en Francia, Italia e Polonia. O seu persoal rolda os 2.300 traballadores en total.

A Xunta ten en proceso de adxudicación as obras da terceira fase do parque empresarial dada a demanda que ten

Para poder acoller este proxecto a Xunta de Galicia tivo que levar a cabo a ampliación do parque empresarial das Gándaras, onde está a acondicionar 97.691 metros cadrados, dos que 45.290 destínaos a doce parcelas. Ademais, desa gran superficie ocupada por Bricomart ofrece outras nove duns 1.000 metros cadrados cada unha.

Dada a demanda que ten este parque empresarial, xa está en proceso de adxudicación as obras da terceira fase, cun orzamento de 1,6 millóns.
 

Este mes comeza a incorporarse o persoal ao Bricomart das Gándaras
comentarios