O mercado tradicional regresa ao soto da praza de Abastos

As obras de reforma afectan tanto á área de vendas como á de servizos
Varias personas en el mercado de abastos. SEBAS SENANDE
photo_camera Varias personas en el mercado de abastos. SEBAS SENANDE

O mercado tradicional regresa ao soto da praza de Abastos de Lugo tras as obras de reforma deste espazo. A concelleira de participación, Cristina López, visitou os postos xunto ao tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e outros concelleiros do BNG.

O mercado regresa ao seu lugar habitual tras celebrarse varios meses na Praza da Soidade. Cristina López explicou que as obras realizadas permiten "unha mellora das instalacións para aumentar a calidade do mercado tradicional e acoller novas actividades para continuar a dinamizar a praza de Abastos".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de El Progreso de Lugo (@elprogresodelugo)

Cristina López afirma que os traballos realizados neste espazo responden a unha "solicitude dos praceiros e permiten un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venda". Apuntou, ademais, que a área de participación continuará a traballar pola promoción deste espazo "para que toda a veciñanza poida desfrutar dos produtos de primeira calidade e do trato personalizado que se oferta aí".

As obras realizadas no soto da praza de Abastos afectaron tanto ao espazo dedicado aos comerciantes como a zonas comúns que non son visitadas polos clientes, pero que son importantes para que os praceiros realicen a súa actividade. Entre as melloras, Cristina López apuntou as cámaras frigoríficas de maior tamaño e os vestiarios.

Comentarios