O mercado do Nadal regresa á Praza Maior con 20 casetas

Empezará a funcionar o día 6 e contará coa presenza do señor e señora Claus e un emisario dos Reyes
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Una edición anterior del mercado navideño. AEP

A Praza Maior acollerá desde o vindeiro mércores, 6 de decembro, e ata o 5 de xaneiro, o mercado do Nadal composto por 20 casetas de madeira que se porán a disposición dos comerciantes da cidade de xeito gratuíto. Paralelamente haberá un poboado do Nadal, formado por outros cinco estands, onde os nenos poderán visitar ao señor e señora Claus e ao emisario dos Reis Meigos, Ben-Alí, ademais de gozar de actividades e talleres para diferentes idades.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recordou este venres que os comercios que desexen instalarse nalgún dos estands poden enviar a súa solicitude a través do correo electrónico [email protected]. Para outorgar os postos terase en conta tanto a idoneidade e carácter do Nadal dos produtos expostos, como o feito de ser produtos locais ou realizados en Galicia.

Os espazos ofrécense de xeito gratuíto aos comerciantes interesados, mediante un sistema de rotación semanal, de maneira que se lle dá oportunidade de participar a negocios de todos os barrios da cidade. O horario de apertura e atención ao público dos estands será de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 ás 21.00 horas. No caso das festividades o día 24 e o 31 o horario de peche do mercadillo será ás 14.30 horas, mentres que os días 25 e 1 de xaneiro permanecerá pechado. Así mesmo, os expositores que o desexen poderán ampliar a súa apertura.

Por outra banda, os que acudan á cabana do poboado do Nadal poderán facer cada día un taller de manualidades diferentes en grupos dun máximo de 15 asistentes.

Comentarios