O Mercado acolleu a primeira Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros

A xornada contou con 20 participantes procedentes de distintas localidades como Barcelona, Burgos e Valladolid
Xornadas da cervexa no mercado. EP
photo_camera Xornadas da cervexa no mercado. EP

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, participou na apertura da Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza. A concelleira de Participación explicou que "estas xornadas están a reunir coleccionistas de todo o estado en moitas cidades como Compostela e Pontevedra".

A xornada agruparan a máis de 20 expositores que mostraron as súas pezas durante a xornada do 13 de marzo. Participan coleccionistas de botellas de cervexa, chapas, pousavasos, etiquetas, vasos serigrafiados e outros artigos coleccionables. López destacou que "é un foro de intercambio único e tratase dunha oportunidade  para coñecer o mundo do coleccionismo relacionado coa cervexa", e engadiu "a veciñanza de Lugo poderá acudir de xeito gratuíto a ver as distintas coleccións".

A mostra conta co apoio de La Craft, cervexaría artesá ubicada no Mercado Municipal, que permitirá degustar distintas cervexas artesás realizadas en Lugo.

A mostra está a ser promocionada nun dos foros de coleccionismo especializado na cervexa máis importantes a nivel estatal e internacional, e desde a organización cóntase coa presenza de coleccionistas de Galiza, de distintas partes do estado e de Portugal, que se achegarán a Lugo para mostrar a súa colección.