Méndez destaca no Cume Climático a "revolución" que suporá o barrio multiecolóxico de Lugo

A alcaldesa explica en Madrid o proxecto Life Lugo Biodinámico
Lara Méndez explica en Madrid el proyecto Life Lugo Biodinámico. TWITTER
photo_camera Lara Méndez explica en Madrid o proxecto Life Lugo Biodinámico. TWITTER

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou este martes na Cume do Cambio Climático a súa estratexia de deseño de cidade sostible. En Madrid, a rexedora destacou "a revolución urbanística e de xeración de economía verde" que suporá a construción do primeiro barrio multiecolóxico.

Méndez apostou por dar "pasos crave" a través de políticas locais cara a unha transición "xusta" dun novo sistema social e económico "ecosustentable". 

A rexedora explicou que "ademais de ser o modelo de cidade", estas medidas "innovadoras son exportables a cidades de tamaño medio de toda Europa". 

Méndez explicou así o proxecto Life Lugo Biodinámico, co que o Concello está a desenvolver unha iniciativa pioneira no deseño das cidades sostibles do futuro usando a madeira como elemento estrutural de construción.

Así será o barrio multiecolóxico da Garaballa

A Xunta celebra a nova lei de abastecemento
Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou no Cume Climático que Galicia é "desde hoxe unha comunidade autónoma pioneira" ao "blindar por lei" a prevención fronte á seca, a través dunha norma que entrará en vigor en xaneiro de 2020.

Vázquez participou este martes nun encontro sobre a auga en Galicia ante o cambio climático, organizado polo grupo Suez no marco da COP25. 

A súa participación, de feito, coincidiu coa votación e aprobación no Parlamento galego da lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. 

Con esta lei, a Xunta aspira a asegurar "unha resposta planificada e coordinada" das administracións públicas fronte aos episodios que comprometen o abastecemento de auga á poboación. 

Segundo resaltou a conselleira, "a pesar da crenza común, Galicia precisa adaptar a súa xestión da auga ao novo contexto climático", resalta o departamento autonómico nun comunicado.

Comentarios