Méndez xustifica a demolición do Garañón ao estar o promotor en concurso de acredores

Sinala que se pretende converter esa parcela en zona verde, integrala no Parque Rosalía de Castro, para seguir con ese modelo de cidade "máis sostible"
Lara Méndez. XESÚS PONTE
photo_camera Lara Méndez. XESÚS Ponche


A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, xustificou este venres a demolición das torres do Garañón ao atoparse o "promotor" en concurso "de acredores", polo que a derriba asúmeo o Concello "subsidiariamente". 

E é que esta semana se aprobou na xunta de goberno a demolición do Garañón, que contará cun orzamento de case un millón de euros e que se acometerá o próximo ano. 

"Ante a non actuación do promotor, que está en concurso de acredores, o Concello decide dar un paso adiante e asumir de xeito subsidiario esta demolición", argumentou a rexedora. 

Ademais, Méndez concretou que se pediu "un informe para que se cuantificase sobre máximos e ao final xa veremos o custo final para poder materializar" este traballo. 

Respecto diso, a alcaldesa de Lugo incidiu en que "ao non facelo o promotor que está en concurso de acredores poida que cambie a propiedade". "E nós queremos liquidar esta situación, traballando tamén en paralelo para converter ese lugar nunha zona verde", abundou. 

Lara Méndez sinalou que se pretende converter esa parcela en zona verde, integrala no Parque Rosalía de Castro, para seguir con ese modelo de cidade "máis sostible", engadiu. Así, considerou que se cumpre o "obxectivo" que xa anticiparon na anterior lexislatura, de ir á demolición das torres aos pés do parque e converter o solar nunha zona verde. 

Comentarios