Méndez quere que a Rúa do Esquecemento se converta nunha icona da arte urbana

A zona é o escenario de talleres de inclusivos de grafiti, nos que participan novos de colectivos vulnerables
Visita a la Rúa do Esquecemento. EP
photo_camera Visita a la Rúa do Esquecemento. EP

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu este venres a observar os avances na transformación na Rúa do Esquecemento, das que dixo que "converterana nunha icona da mellor arte urbana de Lugo porque non só embeleceremos todas as fachadas desta vía, senón que o estamos a facer a través dun programa de formación para mozos e mozas en risco de exclusión social".

Mostrouse convencida de que, igual que se logrou pór a Lugo no mapa internacional da arte ubrano co grafiti de Diego As que recorda o pasado romano da cidade, "está rúa será tamén un referente e un emblema".

O proceso de transformación da rúa comezou coa peonalización, que foi solicitada polos veciños dentro do proceso de participación cidadá posto en marcha polo programa Muramiñae Rehabilita. Agora a zona é o escenario de talleres de inclusivos de grafiti, nos que participan novos de colectivos vulnerables.

Comentarios