Méndez pide reforzar a Atención Primaria: "Hai diagnósticos que non se poden realizar por teléfono"

A alcaldesa denuncia que a espera para ser atendido rolda os quince días
Lara Méndez. SABELA FREIRE
photo_camera Lara Méndez. SABELA FREIRE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, queixouse este mércores de que a Atención Primaria está "a sufrir moitísimo na cidade, e non só polo condicionante do verán, senón polo condicionante da pandemia", unha situación que dixo esténdese a toda "Galicia". 

Méndez apelou a que "hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente" e engadiu que "o que non se pode tampouco é ter que esperar para ser atendido da orde de quince días". 

É por iso que invocou a necesidade, por parte da Xunta, de "reforzar" a Atención Primaria, "porque é a primeira porta que toca o paciente, a primeira porta que é a que ademais ten esa capacidade de si se precisan facer probas a maiores ou non". 

"Estamos a falar de que, durante a pandemia, o diagnóstico doutras enfermidades foron menores, o cal está a prexudicar a saúde das persoas", alertou, antes de incidir nos efectos que ten o verán neste servizo sanitario. 

Comentarios