Os mellores cans mídense en Lugo na Feira Internacional Canina no Pazo

Exemplares de 135 raras e chegados de varios países compiten o fin de semana na cidade
Presentación de la cita canina en el Pazo de Feiras. SEBAS SENANDE
photo_camera Presentación de la cita canina en el Pazo de Feiras. SEBAS SENANDE

O Pazo de Feiras convértese este sábado e domingo en referente do mundo canino nacional e internacional, nunha cita que reunirá a uns mil cans procedentes de España, Portugal e tamén de Francia.

O evento arrinca ás 10.00 horas deste sábado, coa apertura das 109 e 110 Exposición Nacional Canina. O domingo celébrase a 49 Exposición Internacional Canina.

Participan exemplares de 135 razas, que competirán en once grupos diferenciados, en función de cuestións como a raza ou a idade. A partir das 17.00 horas celebrarase a final, cos mellores exemplares de cada categoría. O gañador terá punto para ser campión nacional.

Na xornada dominical repetirase o proceso durante toda a xornada, tamén desde as 10.00 horas, pero na categoría internacional, polo que o punto será para esa competición mundial.

A entrada ao campionato será gratuíta para o público, que poderá ver algúns dos mellores exemplares caninos do mundo, destacou Agustín Fontán, presidente da Sociedade Canina Galega.
Haberá cans de todas as idades, tamén veteranos, que son "orgullo" de moitos criadores, destacou Fontán.

Explicou que os xuíces de ambas as exposicións proceden de España, Irlanda, Grecia e Francia.

Comentarios