Rematadas as obras para mellorar a seguridade e accesibilidade do Uxío Novoneyra

Os traballos, sufragados polo Concello de Lugo, custaron 69.000 euros
undefined
photo_camera Olga López Racamonde e Lara Méndez visitaron o centro Uxío Novoneyra. EP

O Concello de Lugo finalizou as obras de ampliación do centro social Uxío Novoneyra para mellorar a súa seguridade e accesibilidade, que supuxeron un investimento de 69.000 euros. A alcaldesa, Lara Méndez, e a edil de benestar, inclusión e terceira idade, Olga López Racamonde, visitaron estas dependencias municipais.

Lara Méndez resaltou que esta reforma "redundará nunha optimización da atención social ás persoas e familias máis vulnerables".

López Racamonde explicou que o centro dispón agora dunha sala de espera "mellor dimensionada, na que se contempla o mantemento da distancia social", e que a sala de lectura cambiouse de localización para "ofrecer unha maior confortabilidade".

A edil de benestar indicou que se creou un habitáculo independente para os ordenanzas, unha sala de reunións para profesionais e un almacén multiusos. Ademais, o salón de actos destinarase a actividades de animación, talleres, aulas abertas...

Comentarios