jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Medio centenar de expertos participarán no Congreso Nacional de Turismo Experiencial

Presentación do I Congreso de Turismo Experiencial. EUROPA PRESS
Presentación do I Congreso de Turismo Experiencial. EUROPA PRESS
O evento terá lugar na cidade de Lugo os días 16, 17 e 18 de setembro
A cidade de Lugo acollerá os días 16, 17 e 18 de setembro o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial, que contará coa participación de máis de 50 expertos e profesionais do sector. 

A alcaldesa, Lara Méndez, participou este martes na presentación do evento, un acto que tivo lugar na praza Pío XII, e no que tamén interviñeron a concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, a deputada de Turismo, Pilar García, e a delegada territorial en funcións da Xunta, Marta Barreiro

Esta primeira edición combinará o formato presencial, con conferencias no Pazo de San Marcos, e o virtual, ofrecendo a posibilidade de seguir as charlas por streaming. Ademais, como extensión ao Congreso, os días 19 e 20 de setembro celebrarase a cita LugoExperience, que incluirá actividades culturais, gastronómicas, medio ambientais e de aventura, dirixidas aos asistentes e ao conxunto dos lucenses. 

A rexedora subliñou que, durante varios días, os expertos terán a oportunidade de abordar "a situación actual do sector, marcada pola crise da Covid-19", e debater sobre o turismo e a cultura como "eixos do emprendemento local sostible". Para iso, haberá unha "ampla representación de profesionais e expertos" que achegarán a súa visión e experiencia. Ademais, o feito de que os relatorios se poidan seguir por streaming de forma online, facilitará que o Congreso adquira unha dimensión nacional e internacional. 

Lara Méndez fixo fincapé na importancia de potenciar "un turismo acorde co modelo de cidade" que se busca, baseada "na sustentabilidade, máis amable e próxima ás persoas". "é por iso que, especialmente nestes momentos de crise sanitaria global, debemos priorizar un turismo de calidade, menos masificado e capaz de satisfacer as demandas e intereses dos visitantes", engadiu. 

Pola súa banda, a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo destacou a aposta decido da Deputación de Lugo por converter a provincia nun destino "multiexperiencial e intelixente", á vez que subliñou os beneficios de Lugo en canto a destino "non masificado" na situación actual.

CONGRESO. O I Congreso Nacional de Turismo Experiencial busca "ser un referente no que abordar novos retos, ofrecer solucións, analizar casos de éxito e dotar das ferramentas necesarias a profesionais para que aproveiten as oportunidades da contorna local" a través dun emprendemento sostible. 

Será, polo tanto, "un punto de encontro para profesionais, emprendedores, técnicos, produtores locais, estudantes, guías, investigadores, medios de comunicación e apaixonados do turismo e a cultura en xeral", explican os seus promotores. 

Apoiándose no carácter experiencial do evento, ademais dos relatorios, farase especial fincapé na realización de actividades complementarias a través de networking, workshops, visitas de campo e accións de dinamización cos asistentes. 

Deste xeito, celebraranse unhas Xornadas de Introdución á Creación de Experiencias de Lecer e Turismo e, durante o fin de semana do 19 e 20 de setembro, celebrarase LugoExperience, que contemplará diferentes actividades culturais, gastronómicas ou de aventura. 
 

Medio centenar de expertos participarán no Congreso Nacional de...
comentarios