A maxistrada Mar Cabrejas será a relatora do Poder Judicial no caso De Lara

A maxistrada dos xulgados de Lugo presentara un recurso contra a decisión adoptada polo Consejo General del Poder Judicial de suspensión de emprego e soldo e perda de destino

Pilar de Lara. SEBAS SENANDE
photo_camera Pilar de Lara. SEBAS SENANDE

A maxistrada e vogal da Comisión Permanente do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), Mar Cabrejas, foi designada como relator no expediente disciplinario aberto á xuíza do un de Lugo, Pilar de Lara.

A designación prodúcese case un mes despois de ser presentado o recurso á decisión adoptada polo pleno do Consejo General del Poder Judicial de castigar a Pilar de Lara con sete meses de suspensión de emprego e soldo e perda de destino por dilacións indebidas nas causas que leva.

Diso confirmou o avogado da maxistrada, Agustín Azparren, quen precisou que a "única novidade, que é o trámite normal, é a designación do relator que lle corresponde a un dos membros do Consejo General del Poder Judicial". "Agora hai que esperar a que estuden a documentación e unha vez que o teñan estudado o recurso e a documentación sinalaríase para o pleno", puntualizou.

Azparren apunta que "normalmente" a resposta ao recurso "adoita tardar uns meses" polo que, ante a proximidade do verán, descoñece se o asunto "se levará ao pleno antes ou despois" do parón estival. Con todo, o avogado cre que a decisión tardará en producirse porque tamén "hai moitos folios de documentación do expediente, co cal levará algún tempo".

Azparren describe o expediente sancionador como "unha macrocasua dentro dunha acción disciplinaria". "Eu teño no despacho para varios tomos de 200 ou 300 folios que para un expediente disciplinario é bastante", conclúe.

Comentarios