A matrona acusada de ver o historial do seu ex asegura que llo pedía el

O home négao e afirma que ela descubriu que tomaba ansiolíticos e usouno no divorcio. A súa médica di que llos recetó diante de ambos
El juicio por este caso se celebró en la Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Sede de la Audiencia Provincial de Lugo, que confirmó la condena impuesta por el Penal 1.

A matrona acusada dun delito de revelación de segredos por acceder ao historial médico do seu exmarido recoñeceu este xoves que consultou os datos a súa parella, pero asegurou que o fixo "sempre" co consentimento do home.

A muller explicou que accedía á base de datos do Sergas para mirar o resultado das analíticas do seu compañeiro e para pedirlle citas ou consultar se tiña dispoñible a súa medicación. "O centro de saúde no que eu traballaba non lle correspondía por domicilio, pero el pediu o cambio porque lle resultaba máis fácil que lle tramitase eu todo. Cada vez que lle miraba unha analítica mandáballa a el por correo, así que eu non consultaba os resultados por ningún tipo de interese persoal. El beneficiábase do que eu podía facer pola miña condición de sanitaria. De feito, no centro de saúde había unha media de 15 días de espera para facer unha analítica e pódese comprobar que el tiña o volante e a analítica o mesmo día. ás veces, ata lle facía eu a extracción de sangue en casa para que non tivese que ir ao centro. Todos os accesos ao seu historial médico foron co seu consentimento", asegurou.

O ministerio fiscal e a acusación particular —que piden para a acusada catro e tres anos de cárcere, respectivamente— manteñen que a muller presentou unha demanda de divorcio en strong<> febreiro de 2018 na que facía constar que o seu marido se atopaba en tratamento psiquiátrico con antidepresivos, "información da que fixo uso a acusada, a fin de que lle fose atribuída a custodia dos seus dous fillos menores".

As compañeiras da acusada, que afronta 4 anos de cárcere, din que miraba o historial para evitarlle esperas e "beneficialo"

Segundo as acusacións, a matrona obtivo esta información "tras acceder, sen estar autorizada, á historia clínica do denunciante». Con todo, a médica de familia do home asegurou no xuízo que o seu paciente acudía sempre á consulta acompañado pola acusada e que lle recetó a medicación para a ansiedade na súa presenza. "Viñan sempre xuntos, como moitos matrimonios, e sempre falei de diagnósticos e tratamentos en presenza de ambos. Moitas veces comentaban que, cando estivese a analítica, pedirían outra cita e que xa estaba ela pendente dos resultados. Él era plenamente coñecedor de que muller accedía á súa historia clínica".

O home, pola súa banda, negou estes feitos e contou que sempre ía ao médico "só" e que non falaba coa súa muller dos diagnósticos. Dixo ademais que nunca autorizou á súa muller a consultar a súa historia clínica e que non lle dixo que tomaba ansiolíticos "é verdade que me enviaba por correo os resultados das analíticas, pero eu non llo pedía. Non sei por que o facía", sinalou.

O denunciante insistiu en que en que a súa muller obtivo os seus datos médicos sen permiso e usounos para evitar que lles desen a custodia compartida. A acusada asegurou que o home a denunciou porque ela non quixo ceder ás súas pretensións económicas no divorcio e que el lle dixo varias veces que se cambiaba de opinión, retiraría a denuncia.

A muller presentou incluso gravacións de conversacións telefónicas, pero non foron admitidas. O xuízo quedou visto para sentenza.

A acusación de Fiscalía

Segundo a acusación pública, a muller presentou en febreiro de 2018 unha demanda de divorcio na que facía constar que a súa exmarido "atopábase a tratamento psiquiátrico con antidepresivos" co fin de que lle fose atribuída a custodia dos seus dous fillos menores.

A acusada conseguiu esta información, tal e como mantén a fiscalía, accedendo a ese historial clínico sen autorización, do que dispuña pola súa condición de matrona nun centro de saúde de Lugo.

A muller consultou este expediente médico ata en oito ocasións entre decembro de 2016 e xaneiro de 2018, segundo afirman.

A avogada do home, Pilar Núñez Torrón, avanzou antes de entrar en sala que ía expor "a culpabilidade da matrona", feitos polos que pedirá "catro anos de prisión, máis a inhabilitación de tres anos".

A letrada da matrona non quixo realizar declaracións, aínda que a acusación particular confirmaba que a acusada "nega os feitos", uns feitos polos que tanto fiscalía como acusación particular piden catro anos de prisión.