O masivo uso da Ronda para pasear reabre o debate da súa peonalización

Centos de lucenses aproveitan esta zona para camiñar durante as franxas horarias nas que está permitido
Transeúntes en la Ronda da Muralla. XESÚS PONTE
photo_camera Transeúntes na Ronda da Muralla. XESÚS PONTE
O uso temporal polos transeúntes do carril esquerdo da Ronda da Muralla, no sentido da circulación, reabriu estes días o debate sobre a peonalización de parte ou toda esta vía pública de Lugo. Esa proposta cobra forza porque son centos os lucenses que aproveitan esta zona para camiñar durante as franxas horarias nas que está permitido, como sucedeu este mércores a última hora da tarde. E é que, aínda que só hai un carril dispoñible, non se están rexistrando atascos, o que podería xogar a favor dos partidarios da iniciativa. En calquera caso, habería que ter en conta que o tráfico tamén é menor durante o estado de alarma.

Comentarios