Maite Ferreiro fai un balance "positivo" do Nadal e di que a cabalgata foi "espectacular"

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua afirmou tamén que "Lugo contou durante estas festas cunha iluminación espectacular", con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds 
O rei Gaspar saúda aos lucenses que acudiron a recibir aos Reis Magos na Praza Maior, onde finalizou a cabalgata. XESÚS PONTE
photo_camera O rei Gaspar saúda aos lucenses que acudiron a recibir aos Reis Magos na Praza Maior, onde finalizou a cabalgata. XESÚS PONTE

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, fixo un balance "moi positivo" das festas do Nadal e de todas as actividades que as rodean. Maite Ferreiro fixo referencia a decoración das rúas, á programación cultural, á promoción do comercio local, e salientou a "espectacularidade" da cabalgata de Reis, "que foi seguida por milleiros de lucenses".

A cabalgata, titulada A Gran Viaxe, contou con catro carrozas e once espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. "As carrozas estiveron baseadas na viaxe dos reis, representando aos animais e aos elementos patrimoniais máis recoñecibles de Oriente. Tivemos once espectáculos impresionantes que fixeron as delicias de quenes os presenciaron", dixo.

A concelleira de Cultura afirmou tamén que "Lugo contou durante estas festas cunha iluminación espectacular a decoración en toda a cidade". En total, o alumeado de Nadal contou con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds. Este ano colocaronse, nas distintas rúas e prazas, 189 arcos luminosos e distintos elementos ornamentais.

Sobre a campaña campaña O noso mercado é un agasallo, a concelleira de Participación, Cristina López, explicou que "todas as persoas que realizaron compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibiron un agasallo", e destacou o bo desenvolvemento da campaña.

A área de Participación tamén contou cun posto durante os días de promoción, no que se entregaron a lucenses e visitantes diferentes agasallos.

Comentarios