A Xunta asegura que máis dun centenar de centros de saúde superan xa o 60% de citas presenciais tras a apertura a pasada semana da posibilidade á cidadanía de concertalas a través da páxina web, o teléfono móbil e a app do Sergas. Así o trasladou a Consellería de Sanidade tras a mesa sectorial celebrada este venres e encabezada pola directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña.
Ao termo, a Xunta resaltou nun comunicado que as citas presenciais representan xa o 60% do total en 131 dos 448 centros da saúde da comunidade galega. Por áreas, Lugo está á cabeza, con máis da metade (52%) dos seus centros por encima do limiar porcentual que se marcou Sanidade para alcanzar antes de que conclúa o —ano o sinalado 60%—. Ourense séguelle co 46% dos seus ambulatorios superando ese cociente.
Iso si, non se achegan datos detallados da Coruña e de Pontevedra.