Máis de 700 persoas examinaranse en Lugo para poder manipular leite cru

As probas realizaranse na Escola Politéctica Superior de Enxeñaría 
Leche cruda. USC
photo_camera Leite cru. USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, converterase durante un mes no centro examinador do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para as máis de 700 persoas interesadas en conseguir o certificado que as habilita para manipular leite cru. 

As probas de avaliación promovidas polo LIGAL están abertas a esas máis de 700 persoas que completaron o proceso de formación previo, impartido online como consecuencia da pandemia. 

Superar esas probas de avaliación é imprescindible para obter ou, no seu caso renovar, o certificado que habilita aos profesionais do sector a manipular mostras de leite cru. 

Os exames comezarán o martes 18 de maio e desenvolveranse durante catro semanas, de modo que ese proceso de avaliación prolongarase ata o mes de xuño. 

Comentarios