Máis de 600 persoas visitaron A Revolta dos Clicks na primeira semana de agosto

A nova exposición do MIHL acumula 1.556 visitantes desde a súa apertura a mediados de xullo

Un momento de la visita de Rubén Arroxo a la exposición. CONCELLO DE LUGO
photo_camera Un momento da visita de Rubén Arroxo á exposición. CONCELLO DE LUGO

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo informou sobre os datos de visitantes da exposición A Revolta dos Clicks, organizada por AESCLICK e a Concellería de Cultura do Concello de Lugo, que se pode visitar no MIHL. En total, 1.556 persoas achegáronse ao MIHL a visitar esta exposición, das cales 607 realizaron a súa visita nos primeiros 7 días do mes de agosto.

Rubén Arroxo destacou que esta mostra "é unha maneira espectacular e divertida de achegarse á historia de Galicia, unha actividade lúdica e formativa para toda a familia, na que buscamos repetir o éxito da mostra organizada o ano pasado, con máis de 10.000 visitantes"

A Revolta dos Clicks consta de 5 dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se atopan representados distintos momentos da revolta irmandiña e da vida nas poboacións galegas do século XV. Como o ano pasado, a mostra contará cunha audioguía, que se poderá escoitar escaneando o código QR habilitado en cada unha das zonas da mostra.

Rubén Arroxo destacou "a infinidade de detalles que puxeron as integrantes de AESCLICK en cada un dos dioramas", e animou ás veciñas e veciños de Lugo e a todas as persoas que se acheguen durante o verán a visitar o MIHL e coñecer un anaco máis da historia da Galiza.

Comentarios