domingo. 13.06.2021 |
El tiempo
domingo. 13.06.2021
El tiempo

Máis de 3.000 clientes de 200 comercios de Lugo benefícianse do Bono Activa

undefined
Francisco Conde, onte nunha zapatería de Lugo, xunto a Javier Arias e José María Seijas, entre outros. XESÚS PONTE
Francisco Conde visitou varios negocios adheridos a esta campaña

Máis de 3.000 clientes duns 200 establecementos de Lugo beneficiáronse xa do Bono Activa Comercio posto en marcha pola Xunta, segundo deu a coñecer o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, durante a visita que realizou este sábado a varios negocios do recinto histórico da capital lucense.

Na provincia de Lugo son máis de 8.000 clientes e 700 comercios e a nivel autonómico 64.000 e 4.100, respectivamente.

Francisco Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial, Javier Arias, e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, destacou a acollida "moi boa" que ten esta campaña, o que, ao seu xuízo, pon de manifesto que os galegos optan polo comercio de proximidade "cando buscan confianza, calidade e un trato personalizado". Tamén puxo en valor "o esforzo" que está a realizar o sector para adaptarse ao novo escenario causado pola crise sanitaria.

Este bono, que funciona mediante unha aplicación móbil e cun orzamento de 10 millóns, ofrece descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30 e de 10 euros se ascenden a 50 ou máis. Tanto os establecementos que queiran adherirse, que teñen de prazo ata o 31 de maio, como os clientes poden facelo en bonosactivacomercio.gal.

Francisco Conde, que antes desta visita reuniuse na sede do PP coa presidenta provincial, Elena Candia, e con alcaldes populares para informarlles sobre as actuacións que está a realizar a Xunta en materia eólica, asegurou que o Goberno galego busca "o equilibrio entre o desenvolvemento industrial da nosa provincia e o respecto ao medio ambiente".

Máis de 3.000 clientes de 200 comercios de Lugo benefícianse do...
comentarios