Maderas Besteiro avalía ante a UE o proxecto de I+D dunha viga caixón

A compañía lucense forma parte das 25 empresas europeas enmarcadas no proxecto Fortissimo
Sede de la empresa Maderas Besteiro
photo_camera Sede de la empresa Maderas Besteiro

Unha representación da empresa Maderas Besteiro viaxou hai unhas semanas a Bruxelas para a primeira avaliación do proxecto Fortissimo 2, dentro do cal a firma lucense desenvolve un proxecto de I+D, unha viga caixón fabricada con madeira de eucalipto.

Fortissimo 2 é unha acción de seguimento do proxecto Fortissimo, posto en marcha no ano 2013 pola Universidade de Edimburgo para dar a coñecer ás pemes a importancia dos centros de supercomputación, denominados HPC, que axudan ás empresas na simulación e a optimización do seu produto, mediante cálculos matemáticos e estruturais, para o que son necesarios as chamadas supercomputadoras.


O proxecto da viga caixón con madeira de eucalipto, que Maderas Besteiro arrincou no mes de febreiro, aínda esta en fase de calcular a súa viabilidade


Dentro de Fortissimo 2, participan 13 empresas proovedoras de servizos Cloud e centros HPC, e 25 empresas da Unión Europea, entre as que se atopa Maderas Besteiro. Do proceso de revisión do proxecto encárgase un grupo de expertos que asisten á Comisión Europea nas convocatorias de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e que serán os encargados de levar o seguimento do deseño ata a súa finalización.

A viga caixón é unha estrutura composta por catro táboas encoladas, cunha superficie interior oca, aproveitable para introducir unha instalación eléctrica ou de fontanería, así como para illamento térmico ou acústico.

O proxecto da viga caixón con madeira de eucalipto, que Maderas Besteiro arrincou no mes de febreiro, aínda esta en fase de calcular a súa viabilidade, tanto económica como técnica. Este produto comercializouse xa con outro tipo de elementos na súa construción, pero a viga caixón de eucalipto achega como principal novidade a ausencia da necesidade dunha subestructura no seu acabado.

Comentarios