Lugonovo pide un "censo de ADN canino" para evitar as malas prácticas

O grupo municipal quere asociar a pegada xenética do animal á información contida no seu microchip
Dos perros, en el centro de Burela
photo_camera Dos perros, en el centro de Burela

O grupo municipal de Lugonovo pediu este venres ao goberno local que estude a posibilidade de realizar un "censo de ADN canino" que permita "asociar a pegada xenética do animal á información contida no seu microchip", de forma que os propietarios poidan ser identificados cunha mostra das feces que deixan algúns animais nas rúas da cidade.

Segundo Lugonovo, esta medida, que xa se está aplicando nalgúns municipios valencianos e cuxa implantación se está xestionando en cidades como Zaragoza ou Málaga, "podería ser decisiva para terminar, tamén en Lugo, coas condutas incívicas daqueles que non recollen os excrementos das súas mascotas".

Tamén para evitar que sexa "demonizado" todo o colectivo dos propietarios de cans por "as malas prácticas que só cometen algúns". 

Comentarios