Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Lugonovo aproba o regulamento das primarias e elixirá o seu candidato á Alcaldía o día 26

Membros de Lugonovo nun almorzo informativo. VÍCTORIA RODRÍGUEZ
Membros de Lugonovo nun almorzo informativo. VÍCTORIA RODRÍGUEZ

O proceso dividirase en dous partes: a primeira para escoller á cabeza de lista e a segunda para completar a candidatura

A asemblea de Lugonovo deulle luz verde ás primarias que servirán para "confeccionar a lista electoral" que presentará ás eleccións locais do próximo ano mediante a aprobación dun regulamento que regulará o proceso e que establece o 26 de setembro como data para votar ao candidato á Alcaldía.

Segundo informou a plataforma, "o regulamento aprobado recolle unha exhaustiva normativa que velará pola equidade e xustiza do proceso", con directrices que regulan aspectos como as formas de concorrer ás primarias, as características que se atribúen á figura das persoas candidatas ou mecanismos de corrección de xénero para garantir a presenza equitativa na lista electoral.

O calendario aprobado divide o proceso en dúas partes diferenciadas, a primeira para escoller á persoa que encabezará a lista electoral e a segunda para completar a candidatura.

As primarias para escoller á persoa que encabezará a lista electoral celebraranse 26 de setembro. As candidaturas serán presentadas o día 21. 

Lugonovo aproba o regulamento das primarias e elixirá o seu...
Comentarios