Lugo terá nestas municipais catro candidaturas menos que nas anteriores

Mentres que hai catro anos presentaron lista ás eleccións doce partidos ou coalicións, esta vez serán oito

Un operario apilando urnas. ARCHIVO
photo_camera Un operario colocando urnas. ARQUIVO

A cadeira da alcaldía de Lugo terá nas próximas eleccións do 28 de maio catro pretendentes menos que nas municipais de 2019. Naquela ocasión foron doce os partidos ou coalicións que presentaron lista, mentres que esta vez serán oito, se finalmente se proclaman todas as presentadas ante a xunta electoral de zona e que este mércores son publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Das de 2019 repiten este ano co mesmo nome as catro principais, as que obtiveron concellarías (PPdeG, PSdeG BNG e Ciudadanos), ademais de Vox. Dúas das forzas que nas pasadas municipais se presentaron por separado, Podemos e Esquerda Unida, fano nesta ocasión en coalición, unha aposta que ademais aspira a aglutinar o voto doutra das formacións que tamén concorreu hai catro anos, Lugonovo Mareas Locais, hoxe desaparecida. Mentres, Compromiso por Galicia desistiu de formar lista esta vez.

Galicia Sempre regresa estes comicios coaligado co Partido Galego e baixo o nome de Contamos. Nesta candidatura figura quen foi cabeza de lista en 2019 de Converxencia 21, que agora desaparece das papeletas, e pecha a lista a exconcelleira de Lugonovo Cristina Pérez Herráiz.

E como novidade, aparece entre os oito aspirantes nas próximas eleccións municipais Unión de Cidadáns Independentes, descoñecido ata agora.