Lugo terá este martes presuposto, do que só se admitiu unha alegación

As contas ascenden a 95,3 millóns de euros, dos que 15,2 están destinados a investimentos

Lara Méndez. J.VÁZQUEZ
photo_camera Lara Méndez. J.VÁZQUEZ

O Concello terá orzamento para o que resta de ano a partir do próximo martes, día para o que está convocado o pleno no que serán aprobadas definitivamente as contas, xa que non cabe outra posibilidade debido a que foron vinculadas a unha cuestión de confianza á alcaldesa. A rexedora perdeu a votación, pero finalmente ningún dos grupos da oposición chegou a presentar unha moción de censura.

Previamente ao pleno do día 17, os grupos municipais están convocados a unha comisión de contas na que serán analizadas as alegacións presentadas por catro sindicatos e unha persoa vinculada ao grupo de Ciudadanos. Segundo confirmaron este martes desde o goberno local, o goberno proporá que só se admita parcialmente unha das alegacións, na que se cuestiona que se incluísen partidas orzamentarias para postos de traballo que agora non están ocupados e que tampouco figuran na RPT municipal.

O orzamento para o ano en curso ascende a 95,3 millóns de euros, dos que 15,2 están destinados a investimentos.

Comentarios