Lugo terá un entroido "distinto" e sen grandes actividades de rúa

O avance da pandemia obriga a reformularse as actividades
Maite Ferreiro. XESÚS PONTE
photo_camera Maite Ferreiro. XESÚS Ponche

A concellaría de cultura mantén a idea de celebrar o Entroido, aínda que será "distinto" e sen as grandes actividades de rúa que eran habituais, segundo avanzou este luns o departamento de Maite Ferreiro.

O avance da pandemia obriga a reformularse as actividades, apuntou a área de cultura, que indicou que prepara un Entroido "distinto e pensado para garantir a seguridade de toda a veciñanza".

Así, Ferreiro adiantou "neste ano non se celebrarán actividades de rúa, debido ao avance actual da pandemia". Os actos máis característicos en Lugo durante as festas de Entroido eran os desfiles, con importantes premios. Organizábase sempre un desfile infantil e outro de adultos, un tipo de acto que este ano non é posible polo avance do covid.

A concelleira avanzou, no entanto, a súa intención de organizar un programa de Entroido e dixo que "seguimos coa nosa aposta forte pola cultura segura, e nos vindeiros días avanzaremos a programación para un Entroido distinto e pensado para garantir a seguridade de toda a veciñanza".