miércoles. 04.08.2021 |
El tiempo
miércoles. 04.08.2021
El tiempo

Lugo ten un gromo activo cuns 15 casos, a maioría entre veinteañeros

Personal sanitario hace la prueba PCR a una de las jóvenes asistentes a la fiesta de Córdoba. SALAS (EFE)
Persoal sanitario fai a proba PCR a unha moza. SALAS (EFE)
Dous pequenos focos familiares suman en Meira un total de cinco positivos

O municipio de Lugo ten nestes momentos un gromo activo, declarado na última semana e que afecta maioritariamente a mozas de 20 anos. En total hai uns 15 positivos vinculados, aínda que se seguen facendo rastreos e cribados. Está relacionado coas reunións destes mozos, a maioría estudantes universitarios, en Semana Santa.

Moitos cursan estudos noutras cidades e volveron a Lugo para pasar as vacacións. Aínda que a inmensa maioría dos positivos atopáronse entre eles, tamén se sumaron nos últimos días algúns detectados entre os seus familiares, pais e irmáns cos que conviviron eses días.

Sanidade está a facer probas aos contactos estreitos dos afectados, como familiares e amigos, así como compañeiros de traballo dos proxenitores contaxiados. Ademais está a promover cribados entre os clientes de bares nos que algúns destes mozos recoñeceron haberse visto eses días.

MEIRA. Dous pequenos gromos familiares sumaron en Meira un total de 5 casos e provocado que o municipio pase a un nivel medio de restricións. Un deles afecta a tres persoas que realizaron unha viaxe en Semana Santa e outro a dúas, sen que aínda estea claro onde se poden contaxiar. As restricións entrarán en vigor este venres ás doce da noite.

Lugo ten un gromo activo cuns 15 casos, a maioría entre veinteañeros
comentarios