jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Lugo suspende os prazos dos procesos selectivos ata o final do estado de alarma

Paula Alvarellos e Lara Méndez. ARQUIVO
Paula Alvarellos e Lara Méndez. ARQUIVO
Habilita un servizo de consultas sobre a actividade empresarial 

O Concello de Lugo decidiu suspender os prazos de todos os procesos selectivos convocados pola institución local e que, nestes momentos, se atopaban en curso, ata que termine o estado de alarma.

A medida, segundo indica a edil de gobernanza, Paula Alvarellos, obedece á necesidade de axustarse á normativa ao respecto, contemplada nos reais decretos estatais sobre o estado de alarma e a situación de urxencia polo coronavirus.

A regra xeral é "a suspensión automática dos termos, así como a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos administrativos en todas as entidades do sector público".

"E, aínda que, como excepción, se lle permite ao órgano competente acordar, de forma motivada, outras medidas de ordenación e instrución que se consideren necesarias, desde o equipo de goberno optamos por acatar esta suspensión con relación aos expedientes de cobertura de prazas e provisión de postos de traballo que temos iniciados para evitar prexuízos graves aos dereitos das persoas interesadas", subliña.

Segundo Paula Alvarellos, algún dos que se verán afectados son a cobertura de prazas de dous oficiais, un inspector principal e un intendente que se atopaba na fase de presentación de instancias, do mesmo xeito que a praza de director da Banda de Música, dous educadores sociais para a súa toma de posesión e o xefe de servizo de Persoal.

O Concello recibe material de protección e pide máis á Xunta
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 100A concelleira de servizos sociais, Olga López, recibiu este mércores unha partida de material de protección contra o coronavirus para os empregados públicos do seu servizo, que se suma ao resto que foi adquirindo o Concello de Lugo desde o inicio desta crise sanitaria.

Ata agora, segundo fontes municipais, "o único material que utilizou o Concello foi o que comprou con recursos propios e o que foi doado tanto por diferentes empresas do municipio, entre elas varias farmacias, como por particulares", aos que a alcaldesa fixo chegar o seu agradecemento.

A administración local asegura que solicitou "hai varios días" á Xunta que lle envíe material de protección contra o coronavirus, "pero aínda está á espera".

 

CONSULTAS. O Concello tamén informou de que o Centro de Emprendemento municipal activou unha liña de comunicación directa para que todas as persoas interesadas poidan trasladar as súas dúbidas aos técnicos e realizar consultas con relación á actividade empresarial durante este período.

Emprendedores, despedidos, traballadores, autónomos ou empresarios poden realizar as súas preguntas sobre subvencións dispoñibles e axudas extraordinarias, procedementos de apertura ou peche, Ertes ou reducións de xornada, así como calquera outro tipo de trámite de índole laboral.

A canle habilitada para facelo é o correo electrónico [email protected], e, de forma simultánea, permanecerán operativas tamén as liñas telefónicas 608 842 221 e 606 405 745.

Novas cabinas sanitarias na cidade 
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 100A área de medio ambiente instalou once novas cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade que poden ser utilizadas por traballadores que teñen que realizar a súa actividade na rúa, como policías, operarios de limpeza ou transportistas, afectados polo peche de establecementos de hostalería.

Estas cabinas súmanse á decena de aseos que o Concello ten activos noutros puntos da Lugo, así como ao autolimpable do parque Rosalía de Castro.

Lugo suspende os prazos dos procesos selectivos ata o final do...
Comentarios