Lugo súmase a Xuntos somos capaces, que este ano insere a 23 persoas con discapacidade mental

A alcaldesa, Lara Méndez, sinala que este é o sétimo ano consecutivo que o Concello colabora coa iniciativa

O Concello de Lugo adhírese ao programa Xuntos somos capaces, que impulsa a Fundación Mapfre para a inclusión social e laboral de persoas con discapacidade mental. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que este é o sétimo ano consecutivo no que o Concello colabora con esta iniciativa desde 2010, co que se puido "formar e inserir a máis de 2.500 persoas", polo que destaca a súa "importancia".

Este ano búscase a incorporación ao mercado laboral para 23 persoas. Na iniciativa participan catro empresas con vínculos co Concello: Urbaser, Clece, Beirarrúa e Calfensa, ademais da Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia (Feafes).

Pola súa banda, o vicepresidente de Feafes, Manuel Fernández, resaltou "a importancia da inserción laboral, dado que un posto de traballo é a mellor terapia que pode ter unha persoa que padece unha enfermidade mental". "É algo, ademais, que beneficia a toda a súa contorna", subliñou.

Comentarios