Lugo sofre este verán un déficit dunhas cen enfermeiras, asegura o Satse

O Sergas afirma estar a traballar para a incorporación de persoal estable para as áreas sanitarias de Lugo. Monforte e A Mariña e sinala que se estendeu o contrato a 40 profesionais 
HULA. INICIO VACUNACION FRANJA DE EDAD 39-30 AÑOS.
photo_camera Hai menos persoal dispoñible para contratar debido á campaña de vacinación. SEBAS SENANDE

As contratacións de persoal polo covid derivaron en que falta persoal de enfermería en Lugo para cubrir as necesidades do verán, cando o persoal estable colle vacacións. A consecuencia é que Lugo sofre neste momento un déficit dunhas cen enfermeiras, segundo Satse.

A central reclama que se contrate persoal en condicións dignas e di que ''resulta incomprensible que as distintas xerencias do Sergas estean a denegar de forma sistemática os días de permiso, libre disposición ou incluso vacacións, aludindo á falta de persoal para substitucións''.

Verónica Peteiro apunta a que a situación xa fora difícil durante o ano, ''pero se agudizou aínda máis coa chegada do verán e o período vacacional de gran parte do persoal''. Peteiro sostén que as principais necesidades do gremio pasan mellora substancial das condicións de traballo que evite que os recentemente graduados busquen oportunidades noutros lugares.

Desde o Colexio de Enfermería de Lugo resaltan dous problemas estruturais que derivaron na actual situación do sector, a falta de planificación en canto a substitución xeracional e a notoria eventualidade dos contratos de traballo.

Lourdes Bermello, presidenta desta entidade, considera que se debe de fomentar unha tendencia cara a unha eventualidade menor, porque a demanda existe''. ''A prioridade debe ser a eliminación de contratos precarios de apenas poucos días de duración'', engade.

Pola súa banda, o Servizo&Galego nbsp;de Saúde afirma estar comprometido coa incorporación de persoal de enfermería con contratos de longa duración para as áreas sanitarias de Lugo, Monforte e A Mariña.

Señalan ademais a contratación de tres novos enfermeiros especialistas en enfermería familiar e comunitaria con vínculo fixo. Resaltan tamén a extensión de contrato a máis de 40 profesionais na provincia que contaban con contratos de seis meses de duración.

O Sergas admite que ''nos meses de xullo e agosto pode darse algunha incidencia nalgunha área especial xa que se debe garantir a actividade''.

Comentarios