Lugo rende homenaxe á Carta Magna

Rodríguez destaca o valor da Constitución nun acto ao que asisten personalidades políticas e da sociedade lucense

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recordou nun acto institucional que a Constitución foi "fundamental" para lograr o período de maior "estabilidade e liberdade en democracia". 

Rodríguez presidiu un acto no que estiveron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias; o presidente da Deputación provincial, Darío Campos; o delegado da Xunta, Xosé Manuel Balseiro, o presidente da Audiencia Provincial, José Antonio Varela Agrelo. o delegado de Defensa, Carlos Boado, ou a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.

Rodríguez recalcou a importancia dunha "data feliz" que serve para "facer visible o que une aos españois como colectividade"

A subdelegada recalcou a importancia dunha "data feliz" que serve para "facer visible o que une aos españois como colectividade". Neste sentido recordou que o 6 de decembro "celébrase a capacidade dun pobo para convivir en paz, aceptando as diferenzas como individuos ou colectivos sociais". 

Isabel Rodríguez recordou que na Constitución recóllense os procedementos para "adaptala aos novos tempos" e "darlle o alento do tempo actual, pero sen perder a esencia". Así, pediu que haxa consenso" para acometer unha reforma da lei. 

Comentarios