jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Lugo prohibirá os patinetes nas beirarrúas, pero intentará que usen zonas peonís

Un cidadán circula en patinete eléctrico pola beirarrúa. AEP
Un cidadán circula en patinete eléctrico pola beirarrúa. AEP
Rubén Arroxo di que se adaptará a ordenanza local á directiva da DXT, pero buscará vías para que poidan convivir co peón

O goberno local xa iniciou os traballos para adaptar a ordenanza municipal de circulación á nova realidade que introduce o uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), fundamentalmente os patinetes eléctricos, así como á normativa estatal que acaba de publicar a DXT.

O tenente de alcalde e responsable de área de mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou este luns esta medida coa que se tratará de evitar a contradición na que entran a normativa lucense e as directrices estatais en relación a puntos como as vías nas que poden circular os VMP. Así, mentres a ordenanza de circulación indica que estes vehículos deben transitar polas beirarrúas, a DXT acaba de ordenar que usen exclusivamente a calzada e eviten tamén as zonas peonís.

Sobre este último aspecto, Rubén Arroxo explicou que desde a súa área consultarán á asesoría xurídica para saber se a ordenanza pode contemplar que os patinetes eléctricos circulen polas rúas peonís da mesma forma que o poden facer as bicicletas e sempre que non superen a velocidade de 10 quilómetros por hora. Neste sentido, recorda que a normativa da DXT, no artigo relativo a beirarrúas e zonas peonís, dáse pé a que poida haber unha regulación distinta a través das ordenanzas municipais.

"Os concellos tamén debemos adaptarnos para cubrir aqueles aspectos nos que a norma xeral deixe en mans das normativas municipais a regulación do uso dos VMP", comentou.

Desde o Concello anímase a que participen todas as persoas e entidades que teñan interese en facer achegas

Ademais, o tenente de alcalde indica que tratarán de strong <>adaptar a normativa para que os patinetes eléctricos poidan ser estacionados nos mesmos puntos onde son aparcadas as bicis.

PARTICIPACIÓN. Rubén Arroxo tamén anunciou que no proceso de adaptación da ordenanza de circulación queren que participen todas as persoas e entidades que teñan interese en facer achegas, á vez que indicou que escoitarase aos grupos da oposición. En todo caso, comentou que o primeiro paso será falar cos departamentos técnicos do Concello.

Lugo prohibirá os patinetes nas beirarrúas, pero intentará que usen...
Comentarios