Lugo presume dos achados de 30 anos de escavacións arqueolóxicas

A exposición foi concibida en bloques para dar unha visión "xenérica" sobre o traballo arqueolóxico desenvolvido na cidade de Lugo desde 1986

La vieja cárcel. AEP
photo_camera O vello cárcere. AEP

O centro cultural Vello Cárcere abrirá este xoves unha exposición que, baixo o título Desenterrar o pasado: un percorrido pola arqueoloxía de Lugo, fai un percorrido polas escavacións arqueolóxicas e os achados realizados na cidade durante os últimos trinta anos, dentro da programación deseñada polo goberno local para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Esta mostra pon o "broche de ouro", segundo informa o Concello de Lugo, ao ciclo de conferencias que, baixo o mesmo título, serviu nas últimas semanas para "pór en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade e a súa importancia desde o punto de vista histórico, a través de distintas xornadas nas que participaron unhas 650 persoas".

A exposición foi concibida en bloques para dar unha visión "xenérica" sobre o traballo arqueolóxico desenvolvido na cidade de Lugo desde 1986, data na que comezaron as primeiras escavacións, por mor da construción dos aparcadoiros subterráneos no centro histórico. Esta mostra, que ocupa dúas plantas do espazo expositivo do centro cultural, ten como comisario ao propio arqueólogo municipal, Enrique González.

A exposición está concibida "nun sentido cronolóxico" e utiliza "como recurso expositivo" fotografías das escavacións e "fotorreportajes", ademais de pezas "atopadas" na cidade e recreacións en 3D.