Lugo en Pé cantará a 'Rianxeira' para denunciar o abandono do rural

A acción consistirá na gravación dun vídeo de tres minutos de duración

A plataforma Lugo en Pé, formada pola federación veciñal da provincia lucense, vai realizar unha acción reivindicativa en defensa do rural o Día do Veciño, o próximo 15 de setembro.

A acción consistirá na gravación dun vídeo de tres minutos de duración, na que os ao redor de 4.000 veciños participantes na comida multitudinaria poranse en pé e cantarán a canción da Rianxeira.

Con este acto, a plataforma -que recentemente se adheriu á entidade de ámbito nacional España Vaciada- pretende facer un chamamento sobre os graves problemas que rodean aos habitantes e á cultura do rural, como despoboamento, o envellecemento da poboación do campo, ou a falta de médicos, farmacias, profesores e garderías, entre outros moitos.

Con este acto simbólico, Lugo en Pé súmase ás accións reivindicativas convocadas en todas as provincias despobladas do país a través de España Vaciada, e que consistirán nun parón de cinco minutos.